Proyecto de Inclusión social Obra de Teatro musical “Os Músicos do val Miñor

349

Os/as alumnos/as do Centro Juan María con discapacidade intelectual e os/as alumnos/as de 4º da ESO, ordinario e PDC, e primeiro de Bacharelato do instituto Escolas Proval, veñen realizando ao longo do curso unha experiencia de inclusión social.

Consiste na interpretación da obra de teatro musical “Os músicos do Val Miñor” escrita e composta pola profesora de música do IES Escolas Proval, Paula Carreras Silva.
O texto, inspirado no conto “Os músicos de Bremen” dos irmáns Grimm, reflicte a ansia de superación dos personaxes protagonistas, a pesar das súas discapacidades.

Máis de 70 alumnos de ambos os dous Centros participan na posta en escena. A parte musical, totalmente orixinal, está interpretada por unha orquestra coa seguinte instrumentación: metalófonos, xilófonos, frautas doces, violín, clarinete, trombón, gaita, piano, guitarra eléctrica, batería, temple block, pandeireta, obxectos sonoros (caldeiros, chifres, martelos, pau da chuvia, reclamos de paxaros).

A iniciativa é innovadora por moitas razóns:
Os/as alumnos/as do Colexio “Juan María” recibiron formación musical durante todo o curso , de forma totalmente voluntaria, impartida pola profesora de música, Paula Carreras.

A medida que estes alumnos/as ían acadando os obxectivos musicais programados, íase compoñendo a música, procurando integrar a todos para que puidesen participar segundo as súas capacidades.

Os/as alumnos/as do IES Escolas Proval aproximáronse á realidade da discapacidade intelectual a través da convivencia nos ensaios ao longo de todo un curso, resolvendo dúbidas, temores, prexuízos e espertando a súa empatía cara á discapacidade.
Coa intención de conseguir a inclusión social e que este proxecto alcance a maior difusión posible, a obra está previsto representala en diferentes escenarios do contorno para compartir esta experiencia coas familias, outros centros, diferentes asociacións, etc.

O día 6 de maio ás 20:15h está previsto representala no Auditorio de San Miguel de Oia para o público xeral.

Os días 7 de xuño ás 11:30h representarase para os centros de E. Primaria e o 8 de xuño ás 11:30h para os centros de E. Especial e Secundaria. Ambas as representacións no Auditorio de San Miguel de Oia.

A obra ten unha hora de duración, e a asistencia é totalmente gratuíta.