Dispoñible a solicitude para o noso Servizo de Respiro Familiar

1044

O obxectivo deste servizo é diminuír a tensión familiar e favorecer as relacións sociais e de parella; proporcionar alivio á familia e previr situacións de crise.

Xa tedes dispoñible a documentación necesaria para solicitar o Programa de respiro familiar 2017, destinado a proporcionar medios facilitadores para que as familias de persoas con discapacidade intelectual podan afrontar o seu día a día, ofrecéndolles unhas xornadas de reposo e tranquilidade.

Entre os beneficios que aporta este tipo de servizo, cabe destacar o feito de que facilita a permanencia no entorno familiar da persoa con discapacidade intelectual, evitando así a súa inclusión en programas de maior custe económico e social.

O Servizo tamén prevé situacións de crise familiar ou persoal, favorece dinámicas familiares e de parella normalizadas, e evita o desarraigo e deterioro das familias, favorecendo a integración no medio e a solidariedade cidadá para coas persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento.

O noso servizo de Respiro Familiar conta xa con máis de 20  anos traballando activamente para que os coidadores habituais das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento poidan gozar duns días de descanso.

:: As quendas

As quendas de respiro familiar concéntranse habitualmente en pontes e períodos vacacionais. Neste tempo, os monitores organizan unha serie de actividades que responden os intereses dos participantes e que na medida do posible trátanse de acordar.  As actividades inclúen excursións á praia, piscina, paseos… así como outras actividades en lugares pechados: cinema, teatro, museos, exposicións…

Cada familia pode utilizar un máximo de 20 días de servizo ao ano nas estancias en instalacións comunitarias, así como 60 horas de apoios individuais, excepto aqueles con familiares que presentan algún problema de conduta, casos nos que a atención pode chegar aos 30 días anuais. Algunhas familias afán utilizar todas as opcións, mentres que outras o utilizan máis ocasionalmente.

No seguinte enlace podedes descargar tódala documentación: Solicitude respiro familiar 2017